O Arosa denuncia a desaparición dun talonario da súa lotería de Nadal
Por Redacción
Algúns dos boletos de lotería de Nadal do próximo 22 de decembro que vendeu o Arosa SC non serán válidos.
Será así porque o club de Vilagarcía denunciou a desaparición do talonario número 28, "extraviado ou roubado" ao seu posuidor orixinal, un dos adestrados da base, asegura a entidade.
Desta forma, ao presentar unha denuncia formal na comisaría da Policía Nacional, as participacións numeradas desde o número 0676 ao 0700 foron anuladas, polo que non darán lugar a cobro no caso de que número 59.464, que é o que xoga o Arosa SC, resultase agraciado no sorteo.
O club asegura esperar "un período prudencial" para ver se o talonario aparecía antes de proceder coa denuncia e de notificar a situación á entidade bancaria na que se atopan depositados os décimos.