As inscricións para a XXXIV San Silvestre de Pontevedra, a partir do día 18
Por Redacción
Comeza a conta atrás para un dos eventos deportivos preferido por todos os pontevedreses, a carreira popular San Silvestre que chega este ano á súa XXXIV edición.
A festa deportiva de final de ano, que na súa última edición congregou máis de 6.000 atletas nas rúas da cidade, mantense fiel e celebrarase o día 31 de decembro ás 17:00 horas con saída na Avenida Montero Ríos.
A organización, a cargo da Sociedad Gimnástica co apoio do Servizo Municipal de Deportes, prepara xa todos os detalles para o evento e anuncia a apertura do prazo de inscrición.
Do mesmo xeito que o pasado ano deberá realizarse de maneira presencial na Casa da Luz (Praza da Verdura) a partir do luns 18 de decembro.
Para iso ata o día 28, fóra de sábado 23 e domingo 24 de decembro, o horario habilitado será de 17:00 a 19:30 horas. Este horario ampliarase o venres 29 e o sábado 30, de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 horas, mentres que o propio domingo día 31 será posible anotarse de 10:00 a 13:30 horas.
Relacionadas:
-
Dispositivo especial de tráfico con motivo da San Silvestre
Por Redacción |
-
A San Silvestre reclama protagonismo na última semana do ano
Por Diego Espiño |
-
A San Silvestre amplía o seu percorrido nun quilómetro
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Máis 6.000 atletas participan nunha San Silvestre que se supera un ano máis
Por Diego Espiño | Creada e actualizada