Campañó repite como sede da Copa Galicia de Ciclocrós
Por Diego Espiño
O hipódromo de Campañó será por segundo ano consecutivo escenario do Trofeo Concello de Pontevedra de Ciclocrós, décima cita puntuable da Copa Galicia da especialidade.
Será o vindeiro venres 8 de decembro cando se reúnan na instalación pontevedresa máis de 250 ciclistas nunha proba organizada de novo polo Club Deportivo Pinarium.
"Melloramos algúns aspectos técnicos e poremos unha zona de obstáculos para obligar á xente a desmontar da bicicleta", sinalou en relación á proba Pablo Beis, respresentante do club organizador.
Será pois un "circuíto bonito para o espectador" aínda que "para o ciclista bastante duro", completou na presentación do trofeo o seleccionador autonómico, Guillermo Sande, xunto á concelleira de Deportes, Anxos Riveiro.
A actividade en Campañó arrincará ás 9:30 horas da mañá cunha carreira de promoción, para continuar ás 10:00 con categorías de veteranos e cadetes, ás 11:00 con próbalas elite, sub-23 e junior feminina e ás 12:00 coa elite, sub-23 e junior masculina.
Relacionadas:
-
Gran xornada de ciclocrós en Campañó co II Trofeo Concello de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Irene Trabazo cúrtese na Copa do Mundo de Ciclocrós
Por Redacción |
-
Irene Trabazo e Iván Feijóo estrean o palmarés do Ciclocrós Poio Móvese
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Irene Trabazo e Samuel González, grandes dominadores do XV Ciclocrós Ría de Marín
Por Redacción & Diego Torrado |