Piragüismo de alto nivel na primeira xornada da Copa de España 1.000 metros en Verducido
Por Redacción
A chegada dun día soleado fixo brillar máis se cabe a primeira xornada da Copa de España de 1.000 metros de piragüismo que se disputa no encoro de Pontillón do Castro, Verducido, coa presenza dos mellores padexeiros nacionais.
Entre todos eles destaca a participación do deportista do Club Piragüismo Poio Pescamar, Segio Vallejo, que se impuxo o C-1 júnior nunha apertada chegada con Rosbel Cordovi, unha especialidade na que brillou en categoría absoluta Diego Romero, do Breogán do Grove, superando a Mohammad Amar, do Club Náutico de Sevilla, por tres segundos na liña de chegada.
Na categoría júnior feminina Laura García, do Breogán do Grove, conquistou o segundo lugar no K-1, só superada por Miriam Vega, do Grupo Cultural Covadonga, mentres nas regatas de 200 metros a triunfadora Jenifer Casal, do Cidade de Pontevedra, que logrou superar a María Denche, do Badaxoz, e Cristina Noya, do Rianxo.