O Club de Tenis Pontevedra queda a un paso do título autonómico junior
Por Redacción
As pistas de tenis do Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo foron escenario a fin de semana do Campionato Galego de Clubs Junior, no que tivo un bo papel o Club de Tenis Pontevedra.
O equipo feminino do club pontevedrés chegou á final da competición e quedou a un paso do título autonómico, pero cedeu no último enfrontamento ante o Real Club de Tenis Coruña.
Non deu opción o club coruñés na final, ao vencer a coruñesa Uxía Martínez á pontevedresa Carla del Barrio (6-1 e 6-3), Celia Montero a Nadia Cernadas (6-0 e 6-2) e Ana Pérez a Laura Prieto (7-6, 5-7 e 7-6).
O Tenis Coruña foi ademais o gran dominador da categoría masculina, chegando á final os seus dous equipos.