Sábado de artes marciais mixtas en Bueu
Por Redacción
O Pavillón Municipal Pablo Herbello de Bueu acollerá o vindeiro sábado 2 de decembro o Campionato Galego de Grappling e MMA Amateur.
Catro clubs tomarán parte na competición de artes marciais mixtas que se desenvolverá entre as 15:30 e ás 20:00 horas.
Trátase do primeiro campionato galego oficial de base neste deporte, segundo sinalou na presentación do evento Fabián Thiebaut, presidente do Club de Loita Morrazo.
En xogo, tanto para os gañadores en categoría de base e na senior, estará a clasificación para o Campionato de España que se celebrará o 24 e 25 de febreiro en Valencia na modalidade de Grappling, mentres que nas artes marciais mixtas (MMA) o Nacional terá lugar no mes de xuño de 2018.
A entrada para presenciar a competición será de balde para o público.