O Teucro invoca á maxia do Municipal para poder superar ao Atlético Valladolid
Por Diego Espiño
Seis dos sete puntos cos que conta ata o momento o Condes de Albarei Teucro logrounos cando xoga como local no Pavillón Municipal dos Deportes, por iso é polo que os azuis encoméndense á súa afección para un choque "en el que nos estamos jugando mucho", recoñece Quique Domínguez.
Os pontevedreses reciben este sábado (20:30 horas) ao Atlético Valladolid, sétimo clasificado con 11 puntos, nun choque que adquire importancia para gañar tranquilidade antes do maratón que espera durante o mes de decembro.
"Es indudable que nos estamos sintiendo más fuertes y más seguros en nuestra pista", sinala o técnico teucrista, que espera a un cadro valisoletano que busque un ritmo alto e transicións rápida e que "nos va a exigir muchísimo".
Os azuis non poderán contar aínda esta semana coa súa recente fichaxe Samu Gómez, que afrontará o seu último partido co Palma del Río antes de viaxar a Pontevedra, polos que Juan Quintas xunto á achega que poida realizar Rial serán as únicas opcións para o posto de pivote.
Johnny Medina prepárase xa para recibir a alta médica, algo que sucederá probablemente a próxima semana, pero mantense como baixa do mesmo xeito que o lateral Óscar Silva.
Na previa do encontro ante o Valladolid, equipo que conta nas súas filas cos ex-teucristas Javi Díaz, Diego Camiño e Víctor Rodríguez, compareceu tamén ante os medios de comunicación o arxentino Andrés Moyano, quen apoiou as declaracións de Domínguez asegurando que "en casa jugando bien le hacemos frente a la mayoría de los equipos de la liga".
O choque será arbitrado polos colexiados cántabros Jesús e Jorge Escudero Santiuste.
Relacionadas:
-
Santana e unha gran defensa elevan ao Teucro ante o Atlético Valladolid (28-22)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O Teucro repesca a Samu Gómez para reforzar o seu plantel
Por Diego Espiño |
-
Teucro e Benidorm adiantan os seus partidos de Copa do Rei
Por Redacción |
-
As forzas abandonan ao Teucro na Rioxa (37-26)
Por Redacción |
-
O Teucro rescinde o contrato de Giuseppe Colasuonno
Por Diego Espiño |