Loita encarnizada polo liderado na Volvo Ocean Race camiño de Cidade do Cabo
Por Redacción
Rumbo directo a Cidade do Cabo e cabalgando por diante dunha fronte. Ese é o panorama no desafío español Mapfre no décimo sétimo día de navegación no Atlántico dentro da segunda etapa de competición da Volvo Ocean Race.
Máis de dúas semanas sen apenas descanso desde Lisboa para afrontar agora unha loita encarnizada polo liderado e a vitoria de etapa na Volta ao Mundo a Vela.
O barco con base en Sanxenxo encabeza a frota, segundo o parte de posicións publicado este martes ás 14:00 horas, con 26,9 millas de vantaxe sobre o Dongfeng chinés, 29,3 millas co Vestas e 35,6 co Team Brunel, mantendo polo momento o liderado que asumiu o pasado domingo.
"É unha etapa longa e ao final todos sabemos que o cansazo é parte dela, pero eu creo que o último estirón e o saber que xa quedan poucos días e que ademais temos a opción de gañar é suficiente motivación para dar todo o que temos, ou o que nos queda", recoñece a pontevedresa Támara Echegoyen desde o Mapfre.
Un sprint final de algo máis de 1.000 millas náuticas navegando a máis de 20 nós no que todo pode cambiar aínda antes de chegar a Sudáfrica.
Relacionadas:
-
Támara Echegoyen, vencedora co Mapfre na segunda etapa da Volvo Ocean Race
Por Redacción |
-
Igualdade máxima na segunda etapa da Volvo Ocean Race
Por Redacción |
-
O Mapfre reforza o seu liderado nas regatas costeiras da Volvo Ocean Race
Por Redacción |
-
Segundo posto para o Mapfre na primeira etapa da Volvo Ocean Race
Por Redacción |