O Pontevedra Mareantes cae ante o Lalín e métese en problemas
Por Redacción
Dolorosa derrota a sufrida polo primeiro equipo do Pontevedra Mareantes ante un rival directo por eludir a zona de perigo na Primeira Territorial Galega.
O equipo pontevedrés, nun encontro tremendamente igualado, viuse sorprendido no campo de Monte Porreiro polo último clasificado, o Coreti Lalín (5-15) e ve como a súa vantaxe sobre o faroliño vermello redúcese á metade.
Os locais presentaron un equipo sólido e buscaron nos primeiros minutos tomar vantaxe, con todo os esforzos resultaron infrutuosos e o marcador non se moveu ata pasada a media hora cun ensaio do Lalín sen transformación.
O Pontevedra Mareantes reaccionou ao comezo do segundo tempo empatando o choque cun ensaio de Quique, entrando nunha fase de alternancia que terminou favorecendo aos visitantes cun novo ensaio e un golpe de castigo que supuxo a sentenza no tramo final.
Este resultado deixa aos pontevedreses na quinta posición da liga con 8 puntos, mentres o Lalín ocupa o sexto e último lugar con 4 puntos.