Lydia Pérez e Pablo García preparan en Sierra Nevada os seus próximos retos internacionais
Por Redacción
O Centro de Alto Rendemento de Sierra Nevada, en Granada, é escenario estes días dunha concentración do equipo nacional de loitas olímpicas para preparar os próximos retos internacionais da Selección Española.
Entre os deportistas convocados atópanse dous representantes do Club de Loita Pontevedra, como son Lydia Pérez e Pablo García.
Lydia afronta en Sierra Nevada a súa posta a punto para o seu gran obxectivo do ano, o Campionato do Mundo Sub-23 que arrincará o próximo día 21 de novembro na localidade polaca de Bydgoszcz e no que competirá na categoría de 58 quilos.
Pola súa banda Pablo García estará presente desde o día 23 de novembro no Torneo Internacional Senior Henry Deglanee de Niza, en Francia, no que participará na categoría de 70 quilos de loita libre olímpica.
Ademais dos dous deportistas do Club de Loita Pontevedra, na concentración do equipo nacional toman parte outros tres loitadores galegos, como son Damián Iglesias(Touro), Nerea Pampín (Keltoi Vila de Cruces) e Nicolás López (Loita Lugo), neste último caso na modalidade de loita grecorromana.
Relacionadas:
-
Bo resultado de Pablo García no Torneo Internacional de Niza de loitas olímpicas
Por Redacción |
-
Lydia Pérez, apeada do Mundial Sub-23 de loita na fase de clasificación
Por Diego Espiño |
-
Conceden a Pontevedra a organización do Europeo Junior de Loitas Olímpicas de 2019
Por Diego Espiño |
-
Lydia Pérez, sen fortuna no Europeo Junior de Loitas Olímpicas
Por Redacción |
-
Lydia Pérez, bronce no prestixioso Torneo Internacional de Sassari de loitas olímpicas
Por Redacción |