Axustada derrota do Pontevedra Mareantes ante o Keltia Ourense (20-26)
Por Redacción
O primeiro equipo do Pontevedra Mareantes Rugby Club encaixou unha axustada derrota na quinta xornada de competición da Primeira División Galega, dipustada no campo de Monte Porreiro ante o Keltia Ourense (20-26).
Foi un partido vibrante, xogado de poder a poder a pesar da escaseza de efectivos do equipo pontevedrés, que só contaba cun cambio dispoñible e que tivo que realizalo xa no minuto 30 do encontro pola lesión de Brenno na primeira liña.
O físico dos ourensáns dominaba as melés durante toda a primeira parte, pero os locais a base de tesón lograban manter o marcador ao seu favor para chegar ao descanso cun esperanzador 20-10.
Con todo todo cambiou tras o descanso e o Keltia, cun ensaio rápido, recortaba distancias aproveitando que as forzas do Pontevedra Mareantes empezaban a fraquear. Mantiveron a pesar de todo o tipo defensivo con gran esforzo e só tres golpes de castigo acabaron por dar a volta ao choque.
Tras este resultado o equipo pontevedrés queda na quinta posición da táboa con 8 puntos.
Tampouco lle foron ben as cousas a fin de semana ao segundo equipo, que se desprazou ás Pontes cunha convocatoria igualmente limitada de efectivos e encaixou unha derrota ante o Club Rugby Fendetestas por 53-10.
Relacionadas:
-
O Pontevedra Mareantes cae ao último posto tras a súa derrota ante o Ferrol
Por Redacción |
-
Dobre derrota e situación complicada para o Pontevedra Mareantes
Por Redacción |
-
O Pontevedra Mareantes cae ante o Lalín e métese en problemas
Por Redacción |
-
O Pontevedra Mareantes vence en Lalín (17-33)
Por |
-
RADIO.- "Hay una ilusión renovada" no rugby pontevedrés
Por Redacción |