O Condes de Albarei Teucro rescinde o contrato de Giuseppe Colasuonno
Por Diego Espiño
A etapa de Giuseppe Colasuonno como xogador do Condes de Albarei Teucro chegou este luns á súa fin de maneira prematura.
O club pontevedrés chegou a un acordo co pivote italiano para a rescisión do seu contrato, despois de que ter a confirmación oficial sobre o diagnóstico da lesión que se produciu na súa man dereita nun incidente doméstico.
Finalmente o corte, que afectou os tendóns da man, manterao de baixa durante o resto da tempada.
Colassuonno, a quen o Teucro agradece as facilidades que deu á hora de resolver o contrato, chegara a Pontevedra o pasado verán procedente do Albatro Siracusa coa misión de ser importante no esquema ofensivo de Quique Domínguez, aínda que a baixa de Medina fíxolle no inicio de liga participar tamén con asiduidade en defensa.
O italiano, en quen o Teucro aseguraba na súa presentación depositar grandes esperanzas, tiña contrato en vigor para a presente tempada, aínda que o club gardaba a opción de prolongalo un ano máis.
Agora, á espera de coñecer o período exacto que permanencerá Óscar Silva de baixa e con Medina a piques de regresar ao equipo precisamente no posto de pivote, a entidade azul valora as opcións que lle pode ofrecer acudir ao mercado de fichaxes para reforzar o plantel.
Relacionadas:
-
O Teucro invoca á maxia do Municipal para poder superar ao Atlético Valladolid
Por Diego Espiño |
-
O Teucro repesca a Samu Gómez para reforzar o seu plantel
Por Diego Espiño |
-
Teucro e Benidorm adiantan os seus partidos de Copa do Rei
Por Redacción |
-
As forzas abandonan ao Teucro na Rioxa (37-26)
Por Redacción |
-
Un BM La Rioja en horas baixas espera ao Teucro a golpe de martes
Por Diego Espiño |
-
Sufrimento con final feliz para Condes de Albarei Teucro fronte o Benidorm (27-26)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Condes de Albarei Teucro, cun ollo posto no mercado de fichaxes
Por Diego Espiño | Creada e actualizada