O Condes de Albarei Teucro recibe ao Benidorm nun partido "que todos saben que es importante"
Por Diego Espiño
Queda aínda moita liga por diante, pero a ninguén se lle escapa no Condes de Albarei Teucro que o encontro deste sábado (20:30 horas) no Pavillón Municipal dos Deportes é dos marcados en vermello no calendario.
Os azuis reciben a un rival directo pola permanencia, o Balonmano Benidorm, equipo que lle precede na clasificación a só un punto de distancia e contra o que esperan volver puntuar despois de tres derrotas consecutivas.
"Es un partido que todos saben que es importante. Nosotros lo sabemos y esperemos que el público también", recoñece Quique Domínguez pedindo apoio á afección pontevedresa.
O Teucro chega á cita nun momento delicado polas lesións, coas baixas de Óscar Silva, Colasuonno, Medina e mesmo Carlos Gehrhardt, xogador do filial habitual nas convocatorias pero que nesta ocasión queda fóra por mor dunha escordadura de nocello. Con todo Domínguez recuperará para a cita opcións no extremo con respecto ao último choque en León, xa que regresan á lista Edu Moledo e Iván Fernández.
"En ningún caso las lesiones son excusa", avisa en todo caso o técnico pontevedrés, xa que "el equipo va a dar la cara seguro", defende. En todo caso tamén o cadro alacantino chegará a Pontevedra con baixas importantes como as dos cubanos Guillermo Corzo e Noelvis Carballos, ademais da ausencia do arxentino Pablo Simonet.
Será o primeiro dos tres enfrontamentos entre ambos os clubs antes de final de ano, xa que serán rivais na Copa do Rei, aínda que Quique Domínguez teno claro: "Si tuviera que elegir cuál de las dos competiciones prefiero ganar me quedo con la de mañana".
Os árbritos encargados de dirixir o encontro no Municipal serán os asturianos Álvarez Menéndez e Friera Cavada.
Relacionadas:
-
Sufrimento con final feliz para Condes de Albarei Teucro fronte o Benidorm (27-26)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Condes de Albarei Teucro, cun ollo posto no mercado de fichaxes
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
O Pavillón Municipal dos Deportes loce a súa nova pista
Por Redacción |
-
Un desastroso primeiro tempo defensivo condena o Condes de Albarei Teucro en León (34-22)
Por Redacción |
-
Benidorm, rival do Condes de Albarei Teucro na terceira rolda da Copa do Rei
Por Diego Espiño |