A enfermaría do Pontevedra énchese no peor momento
Por Diego Espiño
Acumúlanselle os problemas ao Pontevedra Club de Fútbol no peor momento, nunha semana na que debe afrontar dúas xornadas de liga, empezando o vindeiro mércores 1 de novembro recibindo no Estadio Municipal de Pasarón ao actual líder da categoría, o Fabril.
Máis aló da dolorosa derrota no último minuto de partido, o choque en Ponferrada deixou varias secuelas e dúbidas pensando no encontro do mércores.
Unha delas é a de Miguel Ángel, substituído no descanso ante a Ponferradina debido a un golpe na cabeza que lle provocou mareos debido a unha conmoción.
O lateral foi trasladado a un centro hospitalario e pasou a noite do domingo en observación. Recibiu xa o alta para volver a casa, pero a súa presenza ante o filial deportivista é dubidosa, e dependerá da evolución que experimente nas próximas horas.
Tamén Adrián León volveu tocado de Ponferrada, no seu caso por unhas molestias musculares ao notar unha pequena picada no isquitiobial, sumándose desta forma a unha enfermaría que aínda ocupan os dous laterais zurdos do equipo, David Castro e Jimmy.
Quebradizos de cabeza para Luisito, que deberá recompoñer a aliñación do equipo ante a previsible ausencia de Kevin Presa tras a súa expulsión por dobre amoestación no Toralín, sempre que o Comité de Competición ratifique a sanción.
Relacionadas:
-
O desconto volve amargar ao Pontevedra ante o Fabril (2-2)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
O líder Fabril, exame de nivel para un irregular Pontevedra
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Na última xogada do partido o Pontevedra cae en Ponferrada (1-0) tras facer un exercicio de supervivencia
Por Redacción |
-
Remontada milagrosa dun gris Pontevedra fronte un Coruxo sen puntería que merece gañar (2-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |