Paso adiante do Fisgón e derrota con boa imaxe para o Cidade de Pontevedra
Por Redacción
Era un compromiso de máxima dificultade o que afrontaba na última xornada o Cidade de Pontevedra na Segunda División Nacional de fútbol sala, ao recibir no pavillón de Príncipe Felipe a un dos equipos da parte alta da táboa, o San Fernando.
As pontevedresas melloraron a súa imaxe e plantaron cara ao seu rival, pero terminaron cedendo unha derrota (3-5) que prolonga os seus problemas clasificatorios.
O Cidade de Pontevedra é agora penúltimo con 4 puntos, nunha zona baixa do Grupo IV tremendamente igualada.
O que toma aire e afástase da parte baixa é O Fisgón, despois de bater en Marín ao Unami por un apertado 3-2.
Charo, Kiko e Cris deron tres importantes puntos ao equipo marinense, que lle fan subir á oitava posición con 11 puntos.
A competición para agora unha semana e volverá para ambos os dous equipos o día 11 de novembro, cos partidos Viaxes Amerelle-Cidade de Pontevedra e Chiloeche-O Fisgón.