Arosa e Céltiga arrancan un valioso punto a domicilio fronte a Compostela e Cultural Areas
Por Redacción
Dous candidatos a disputar a fase de ascenso repartiron puntos en San Lázaro nun partido de poder a poder que puido gañar calquera. Ocasións para ambos, un expulsado por bando, dous goles en apenas dous minutos, co Arosa que se adiantaba cun tanto de Javi Pazos desde fóra do area, respondendo o Compostela cun gol de de Rubén de vaselina.
Precaución nos primeiros 45 minutos con poucas ocasións de perigo e bastante tensión que provocaba algunhas entradas bruscas. Javi Pazos tiña a primeira ao recoller un balón beneficiado por un tropezón de David Uña para plantarse só ante Lorenzo, pero optou por dar un pase atrás que foi despexado pola defensa.
Os locais terían a máis clara superada a media hora nas botas de Primo que disparou ao centro detendo Sergio Lloves.
Un remate de Julio Rey que saíu rozando a escuadra e un disparo de Manu desde o punto de penalti que se foi fóra, foron as últimas accións de perigo da primeira parte.
Os comezos da segunda parte mantiveron a igualdade, aínda que Sylla puido marcar xa aos 47 minutos.
Aos 71 minutos adiantábase o Arosa nunha recuperación de balón con apertura á banda de Iago Beceiro, que cedía para que Javi Pazos desde fóra da área rematase colocando o balón xunto ao poste.
Pero case sen tempo para celebrar o gol, os arosistas recibían a resposta do Compostela. Rubén gañou en velocidade ao seu lateral e adiantouse ao porteiro para picala ao fondo da rede.
A tensión foi subindo ata os últimos minutos, cando ambos os equipos quedarían cun menos. Primo era amoestado nunha pugna que deu lugar a un tumulto no que Fran Matos recibiu a vermella directa por agredir a Rubén e dous minutos máis tarde, o propio Rubén era expulsado por recibir a segunda amarela nunha simulación, terminando o partido cun empate xusto, pero que non gustou a ningún.
Consulta o acta do partido Compostela-Arosa nesta ligazón.
Rescatou o Céltiga un valioso punto na Lomba despois de ir perdendo case desde a xogada inicial fronte á Cultural Areas. Os ponteareáns adiantáronse cando aínda non se cumprira o primeiro minuto de xogo cun gol de Bruninho, o que fixo xogar aos insulares a remolque ata que na recta final conseguieron empatar.
O Céltiga tivo ocasiones pero faltoulle acerto rematador, ata que Uru, aos 82 minutos, lograba o tanto do empate que lle serve para manter un colchón de catro puntos sobre os postos de descenso que marca precisamente o Areas.
Consulta o acta do partido Cultural Areas-Céltiga nesta ligazón.
Relacionadas:
-
O Céltiga dá a sorpresa no Barco mentres Ribadumia, Arosa e Villalonga caen
Por Redacción |
-
O Arosa achégase ao play-off e salva unha xornada negra para Ribadumia, Villalonga e Céltiga
Por Redacción |
-
Un tempo para cada equipo e xusta repartición de puntos entre Ribadumia e Villalonga (1-1)
Por Redacción |
-
Arosa e Ribadumia atopan o gol, o Villalonga frea ao líder e o Céltiga estrélase ante o Compostela
Por Redacción |
-
Vitorias do Ribadumia sobre o Ourense, Arosa en Boiro e Céltiga en Barbadás e derrota do Villalonga en Redondela
Por Redacción |