Un sólido Poio Pescamar vence en Soto del Real (0-2) e mira á parte alta da táboa
Por Redacción
Cuarta vitoria consecutiva en liga para un Poio Pescamar que consolida a súa candidatura para pelexar polos postos de privilexio na Primeira División.
O conxunto vermello exhibiu na pista do Soto del Real o seu versión máis sólida para facerse co triunfo por 0 goles a 2.
O encontro comezou cun Poio que presionaba ao seu rival tentando saír con rapidez nas transicións. Os primeiros achegamentos foron tímidos, con lanzamentos afastados, ata que o minuto 15 Iria Saeta culminou con acerto na frontal da área unha contra tres roubo de balón para facer o primeiro.
Reaccionou o Soto del Real adiantando liñas en busca dun empate que estivo preto, cun lanzamento á madeira, pero o marcador non se movería máis na primeira metade.
Tras o descanso Patri Corral facía moi rápido o 0-2 nunha boa acción colectiva do equipo e parecía encarrilar o choque. Nin con esas rendeuse o cadro local, que seguiu tentándoo sen premio ante o gran traballo defensivo das de Marcio Santos, que esperaban a súa opción para sentenciar, e a boa actuación de Silvia na portería.
SOTO DEL REAL (0): Helen, Lauri, Laura Stones, Chili, Murchi -cinco inicial- Senís, Coral, Sandra, Jaio, Gabi.
POIO PESCAMAR (2): Silvia, Iria Saeta, Jenny Lores, Ceci, Patri Corral -cinco inicial- Jessi Lores, Carol, Vane Bugallo, Yoli.
Goles: 0-1 Iria (min.15), 02 Patri Corral (min.21).
Relacionadas:
-
Silvia e Ceci claves na vitoria a domicilio de Poio Pescamar sobre Ourense Envialia (3-4)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar mide a súa ambición en Ourense
Por Redacción |
-
Carolina Agulla, a polos Xogos Olímpicos da Mocidade
Por Redacción |
-
Viaxe a Madrid para un Poio Pescamar á alza
Por Redacción |
-
Segue crecendo o Poio Pescamar que golea ao Móstoles (5-1) e asoma aos postos de cabeza
Por Redacción |
-
Poio Pescamar gaña con autoridade en Cádiz (3-7)
Por Redacción |