Non dá opción o Condes de Albarei Teucro ao Agustinos e segue adiante na Copa do Rei (31-38)
Por Redacción
Nin a longa viaxe que tiveron que afrontar nin a ilusión do conxunto local freou ao Condes de Albarei Teucro na segunda rolda da Copa do Rei de balonmán, na súa visita á cancha do Agustinos de Alacante (31-38).
O equipo pontevedrés non se relaxou e afrontou coa máxima concentración a eliminatoria ante un equipo recentemente ascendido á División de Honra Prata.
Desta forma, tras un primeiro minuto no que os alacantinos mostraron as súas ganas de agradar (2-1), os azuis tiraron de contundencia para cun parcial de 0-5 marcar territorio e demostrar que queren chegar o máis lonxe posible na competición.
Tentou meterse de novo no partido o Agustinos, que parou o partido con 6-10 no marcador, pero non o conseguiu e nin dúas exclusións consecutivas de Carlos Gerhartd frearon aos de Quique Domínguez. Así os pontevedreses abriron unha importante renda para marchar ao descanso coa situación controlada (12-19).
Todo seguiu igual nos primeiros minutos da segunda metade, co Teucro controlando a súa vantaxe. Só un parcial de 3-0 dos locais para recortar distancia (20-25) obrigou a pedir tempo morto ao banco azul. Deu resultado para devolver o parcial e desde entón non volveu pasar apuros o equipo camiño da clasificación, con intercambio de golpes e goles ata o 31-38 final.
Con este resultado o Condes de Albarei Teucro avanza á terceira rolda do torneo do K.O..
Consulta as estatísticas do partido de Copa entre Agustinos e Teucro na páxina web da Real Federación Española de Balonmán.
Relacionadas:
-
Benidorm, rival do Condes de Albarei Teucro na terceira rolda da Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
Dolorosa derrota ante o Puente Genil dun Condes de Albarei Teucro de dúas caras (29-31)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Domingo de balonmán no Municipal para o Teucro ante un rival directo pola permanencia
Por Diego Espiño |
-
O deporte como ferramenta de educación
Por Diego Espiño |
-
Alacante espera a un Condes de Albarei Teucro que pon o 'modo Copa'
Por Diego Espiño |
-
Duro correctivo do Huesca (34-23) a un Condes de Albarei Teucro a remolque, que se afunde ao final
Por Redacción |
-
O azul do Teucro contaxia á selección arxentina de balonmán
Por Redacción |