Primeira vitoria para un Leis que toma aire na Segunda División B
Por Redacción
Era un partido importante para o Leis Pontevedra, ante un rival directo por eludir a zona perigosa na Segunda División B masculina de fútbol sala.
O equipo pontevedrés conseguiu na pista do Xove lugués o seu primeiro triunfo da tempada (1-4), que lle permite afastar a 4 puntos os postos de descenso e situarse nunha cómoda novena posición.
Manu Cossío plantexou unha presión alta e froito dese traballo chegaron múltiples ocasións durante a primeira metade, que se traduciron nun claro 0-2 ao descanso a pesar de fallar Berto un dobre penalti, grazas tamén ao traballo defensivo que evitaba as ocasións locais.
Na segunda parte o Xove tentou apertar, pero o que chegou foi o terceiro gol de Leis por medio de Pablo. Un erro cando xogaba en superioridade permitiu aos lucenses acurtar distancias, apostando entón polo xogo de cinco sen éxito, xa que o que chegaría sería a sentenza pontevedresa.
Importante vitoria para o Leis unha semana antes de recibir en casa ao segundo clasificado, o Atlético Benavente.
VITORIA DO EQUIPO FEMININO NA PRIMEIRA AUTONÓMICA
A fin de semana o rendondeó o equipo senior feminino do Leis na Primeira División Autonómica, ao vencer con autoridade na pista do Gaiola santiagués (0-6).
Con este resultado as pontevedresas esquecen o seu último tropezo e mantéñense no liderado da competición con 13 puntos.