O Marcón cede dous puntos e o Sanxenxo golea para colocarse líder
Por Redacción
Un empate que sabe a pouco conseguiu o Marcón Atlético no Carrasco ante o Caselas (2-2), que lle mantén nos postos de descenso con 5 puntos.
O equipo pontevedrés desperdiciou unha vantaxe de dous goles e terminou sufrindo para reter o empate ao xogar os últimos minutos en inferioridade numérica pola expulsión de Emilio no minuto 70 e xa na prolongación de Christofer.
Moi cedo, aos 9 minutos, os locais dominaban con dous goles de Iván Paz, o primeiro de penalti, pero na segunda metade o Caselas reaccionou para recortar distancias primeiro e despois, cun pouco de fortuna, igualar cun tanto en propia meta de Arturo, aos 58 minutos.
Consulta a acta do Marcón Atlético-Caselas.
O que segue imparable é o Xuventú Sanxenxo, novo líder da categoría con 19 puntos tras golear a domicilio ao Ribeiro (1-6).
O amarelo foi a única cor do partido, dominando desde o inicio e adiantándose xa aos 7 minutos por medio de Hugo. Javi Nogueira faría o segundo pouco antes do descanso, e desde aí chegaría o monólogo visitante para colocarse con ata seis goles de vantaxe cos tantos de Cristóbal, de novo Javi Nogueira, Aitor de penalti e Álex Currás.
Os locais só foron capaces de anotar o gol da honra no último minuto do partido.
Consulta a acta do Ribeiro-Xuventú Sanxenxo.
Goleada tamén dun sólido Unión Grove no Monte da Vila ao supera ao Valladares (3-0).
Diego adiantou aos locais aos 5 minutos de xogo, pero non foi ata a segunda metade cando a efectividade do Grove terminou por decantar a contenda, cos goles de Rubén e Jacobo.
Coa vitoria o cadro meco colócase na oitava posición da táboa con 13 puntos.
Consulta a acta do Unión Grove-Valladares.
Gran imaxe a ofrecida polo Campo Lameiro na Chanciña ante un dos favoritos ao ascenso, o UD Ourense (1-1).
Os verdes non puideron pasar pasar do empate pero tiveron preto o triunfo, e é que despois dunha igualada primeira metade Luís Arias poñía o 1-0 aos 50 minutos.
Tentou o Campo Lameiro conservar a vantaxe, pero Unai no minuto 83 poñía a igualada nun marcador que xa non se movería.
Co punto os da Chanciña caen á sétima praza con 14 puntos.
Consulta a acta do Campo Lameiro-UD Ourense.
Peor lle foron as cousas ao Beluso, que cedeu no último minuto nun partido de alternativas ante o Estradense (2-3).
A pesar de que o equipo visitante adiantouse no marcador aos 10 minutos de xogo, dous goles de Adrián Estévez, no ecuador do primeiro acto e ao comezo da segunda metade, poñían ao Beluso en vantaxe.
Con todo os de Bueu non puideron aguantar o resultado e viron como o Estradense volteaba de novo o partido para terminar decidindo no último suspiro.
A derrota deixa ao Beluso na décima posición con 11 puntos.