Segue crecendo o Poio Pescamar que golea ao Móstoles (5-1) e asoma aos postos de cabeza
Por Redacción
Segue mellorando o Poio Pescamar en cada xornada e xa se achega aos postos de privilexio tras golear a todo un Móstoles que chegaba ao pavillón da Seca sen coñecer a derrota ata o momento. As de Marcio Santos foron mellores, aínda que tiveron que esperar ata os últimos minutos para sentenciar o marcador e certificar a vitoria.
As locais comezaron o partido cunha forte presión que facía imposible a circulación de balón das mostoleñas e aos sete minutos inauguraban o marcador nunha boa transición ofensiva conducida por Jenny que aproveitaba Ceci para marcar.
Con todo, mediado o primeiro tempo, nun corner Celia cun disparo desde fóra da área empataba mandando ao partido ao descanso con igualdade no marcador, a pesar de que o Poio seguiu tentándoo e obrigando ao seu rival a defenderse.
Na segunda parte, o Poio Pescamar intensificou a súa presión en tres cuartos de pista, mentres o Móstoles tentaba contrarrestar o dominio local cun xogo máis vertical. O dominio rojillo tería recompensa cando Patri Corral lograba o segundo (minuto 29) e catro minutos despois Ale de Paz en parede con Jenny tras un rexeitamento en curto de Miri facía o 3-1 que obrigaba pouco despois ao Móstoles a recorrer ao xogo de cinco.
A aposta visitante acabaría sendo clave no partido, xa que Patri Corral desde cancha propia anotaba o cuarto a dous minutos do final e case inmediatamente Iria recuperaba o balón e cedía para que Ale de Paz fixese o definitivo 5-1.
POIO PESCAMAR (5): Silvia; Jenny, Ceci, Ale de Paz e Iria (quinteto inicial). Tamén xogaron, Patri Corral, Vanessa e Carolina.
MÓSTOLES (1): Miri; Patri Chamorro, Celia, Carmen Alonso e Inma (quinteto inicial). Tamén xogaron, Shiori, María Otero, Rocío e Ballesteros.
Árbitros: Jorge Otero e Iván Feliz (Galicia) Amoestaron a Inma no Móstoles.
Goles: (1-0) Minuto 7: Ceci. (1-1) Minuto 11: Celia. (2-1) Minuto 29: Patri Corral. (3-1) Minuto 33: Ale de Paz. (4-1,) Minuto 38: Patri Corral. (5-1) Minuto 39: Ale de Paz.
Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio). Uns 200 espectadores.
Relacionadas:
-
Carolina Agulla, a polos Xogos Olímpicos da Mocidade
Por Redacción |
-
Un sólido Poio Pescamar vence en Soto del Real (0-2) e mira á parte alta da táboa
Por Redacción |
-
Viaxe a Madrid para un Poio Pescamar á alza
Por Redacción |
-
Poio Pescamar gaña con autoridade en Cádiz (3-7)
Por Redacción |
-
Longo desprazamento para un Poio Pescamar que busca o seu segundo triunfo na liga
Por Redacción |
-
Triunfo agónico do Poio Pescamar sobre Cidade das Burgas (5-2)
Por Ramiro Espiño |