Tere Abelleira consolídase na Selección Española Sub-19
Por Redacción
Co inicio dunha nova tempada Teresa Abelleira deu o salto á Selección Española Sub-19, despois do seu paso pola categoría Sub-17 na que se proclamou subcampioa de Europa, e fíxoo asumindo galóns desde o principio.
A futbolista pontevedresa, que debutou na categoría cun dobre amigable en setembro en Italia, repite agora convocatoria co equipo nacional para afrontar a primeira fase do Europeo da categoría, que terá lugar a finais de outubro en Albania.
Abelleira afrontará xunto ao resto da Selección Española unha competición en forma de grupo reducido, con catro equipos participantes, do 25 ao 31 de outubro, tendo como rivais á anfitrioa Albania, Acerbaixán e Ucraína.
O obxectivo pasa por seguir adiante na competición pensando na fase final que se celebrará do 18 ao 30 de xullo de 2018 en Suíza.
Pedro López, seleccionador nacional, demostrou ter confianza na xogadora do Deportivo, que no dobre amigable ante Italia foi titular en ambos os dous encontros, que finalizaron con empate (2-2) e vitoria española (0-2) nun partido no que Teresa Abelleira anotou o primeiro tanto.
Completan a convocatoria nacional: Damaris Egurrola e Oihane Hernández (Athletic Club); Ana Marcos, Carla Bautista, Laia Aleixandri e Mª Isabel Rodríguez (Atlético de Madrid); Lucía Rodríguez e Lorena Navarro (CD Tacón); Candela Andújar e Anna Torroda (FC Barcelona); Noelia e Natalia Ramos (Levante); Ona Batlle (Madrid CFF); Paula Fernández (Málaga CFF); Berta Pujadas (Espanyol); Rosa Márquez (Real Betis); Nerea Eizaguirre (Real Sociedad); Olga Carmona (Sevilla); e Ainoa López (Zaragoza CFF).
Relacionadas:
-
Teresa Abelleira, flamante campioa de Europa coa Selección Española Sub-19
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira, preseleccionada para participar no Mundial Sub-20
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira pon rumbo ao Europeo Sub-19 coa Selección Española
Por Redacción |
-
Protagonismo de Teresa Abelleira na V Gala do Fútbol Feminino Galego
Por Redacción |
-
Os penaltis deixan sen título a Tere Abelleira no Europeo Sub-17 de seleccións
Por Redacción |