Así o asegurou o aínda presidente do PRC, Félix Álvarez, protagonista xunto ao presidente do Mareantes, Fran Lusquiños, o adestrador Alberto Fernández e a xogadora Ruth Otero doprograma La Trastienda, en PontevedraViva Radio.
A historia da reunificación de ambos os clubs "empezó por el interés mutuo de hacer un equipo femenino en la ciudad", pero continuou pola crenza de que xuntos podían seguir impulsando este deporte na Boa Vila.
"Si queremos que nuestra ciudad, que Pontevedra tenga un proyecto que pueda estar a la altura del creciemiento que se le viene al rugby español tenía que suceder esto", sinalou pola súa banda Fernández, adestrador na estrutura senior masculina.
Trátase dun proxecto que nace tamén con ambición, a de chegar máis cedo que tarde a categorías nacionais, o que "va a exigir un esfuerzo enorme", recoñece Fernández, a directiva, xogadores e tamén á afección pontevedresa, pero sempre sen perder a perspectiva e tendo en conta que "tenemos claro que el modelo nuestro es hacer el club con gente de casa y tirar para arriba hasta donde podamos llegar, pero con lo que tengamos aquí", explicou Lusquiños.
Todo iso non só no rugby masculino, senón tamén nun feminino que arrincou con forza. "Hay mucho apoyo por parte del club, se está haciendo muchísima propaganda y cada vez viene más gente a probar", recoñeceu Ruth Otero.
Plans de futuro que non só quedan aí, tamén nalgún que outro soño como poder gozar dunha competición internacional de rugby na cidade de Lérez. "Hace años que fundamos el club dije que no quería morirme sin ver un partido de la Copa de Europa en Pasarón y si no es dentro de 10 años será de 20", sinalou Félix Álvarez convencido de que con esforzo todo é posible.
DERROTA ANTE OS INGLESES
O debut do primeiro equipo masculino do Pontevedra Mareantes Rugby na Primeira División Galega non foi o esperado, ao caer derrotado en Monte Porreiro ante Os Ingleses nun apertado encontro que se decidiu nos minutos finais en favor dos de Vilagarcía.
O equipo pontevedrés, que chegou a ir por diante por 22-7 xa na segunda metade, viu como o seu rival remontaba ata colocar no último minuto o 22-24 final.