A base da ximnasia rítmica galega exhíbese na Raña
Por Redacción & Diego Torrado
O pavillón marinense da Raña foi escenario durante a xornada do domingo do Campionato Galego de Ximnasia Rítmica de Base.
A primeira gran cita da tempada na ximnasia rítmica autonómica reuniu a deportistas de toda a comunidade desde a idade alevín ata a xuvenil.
Durante a mañá celebrouse a competición de conxuntos, mentres que na xornada de tarde levou a cabo a competición individual.
Na cita tomaron parte clubs da comarca co In Mare, organizador do campionato, Saraiba, As Triscas, Treboada ou Vila de Pontevedra.
Consulta os resultados do Campionato Galego de Base na modalidade de conxuntos e na competición individual, publicados pola Federación Galega de Ximnasia.