O Cisne pon en xogo a súa condición de invicto en Cidade Real
Por Redacción
Foi o inicio de tempada soñado para o Club Cisne Balonmán, con tres vitorias nos tres primeiros partidos de liga que lle situaron como un dos dous únicos equipos invictos da División de Honra Prata.
Esta situación elevou a confianza do grupo, que este sábado (19:00 horas) poderá a súa condición de imbatido en xogo nunha das canchas de máis soleira do balonmán nacional, o Quijote Arena de Cidade Real.
Os pupilos de Jabato visitan a un dos aspirantes para pelexar polo play-off, o Alarcos, que con todo iniciou a liga de maneira irregular cun empate e dúas derrotas nas primeiras xornadas.
O cadro manchego viuse afectado ademais por unha serie de baixas, e ante o Cisne aínda contará coas ausencias de Victoriano Alises, Fran Vidal e Julián Granados.
O encontro será arbitrado polos colexiados cataláns Ausas Busquets e Florenza Virgili.
Relacionadas:
-
O Cisne regala o "partido dos despropósitos" a un discreto Barcelona B (23-24)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Lastrado por unha mala posta en escena o Cisne cae goleado en Cidade Real (28-22)
Por Redacción |
-
Sinfín desquítase da derrota ligueira e apea ao Cisne da Copa do Rei (35-38)
Por Ramiro Espiño & Mónica Patxot |
-
Máis difícil do que indica o marcador, pero o Cisne gaña con solvencia a Handbol Bordils (36-28)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |