O futuro do tenis internacional cítase no ITF de Pontevedra
Por Diego Espiño
As instalacións do Casino Mercantil de Mourente serán escenario, desde o vindeiro domingo 8 de outubro, do sexto Torneo Internacional Junior ITF de Tenis de Pontevedra.
Algunhas das grandes promesas nacionais e internacionais deste deporte daranse cita nunha competición que por segunda ocasión terá catalogación de Grao II dentro do circuíto internacional junior.
"El torneo está consolidado", asegura o seu director técnico, Noli Álvarez, con xogadores da talla da letona Daniela Vismane, actual número 40 do ránking mundial da categoría que "seguro que el 1 de enero será la 10 o 12 del Mundo", explicou Álvarez, unha vez que os xogadores de último ano abandonen o circuíto junior.
Ademais, seguindo a dirección dos últimos anos, cursouse invitación a "los mejores jugadores de Galicia y España", como Uxía Martínez, Jéssica Bouzas, Rafael Izquierdo ou Simón Arca.
A competición nas sete pistas habilitadas no Mercantil arrincará coa fase previa o día 8, mentres que o martes día 10 está previsto que se inicien os cruces da fase final, á que accederán só 32 tenistas en cada unha das categorías, masculina e feminina.
Durante as primeiras xornadas chegarán a disputarse ata 30 partidos diarios, con actividade ininterrompida desde as 10:00 da mañá ata última hora da tarde.
As finais individuais terán lugar o domingo 15 de outubro.
O VI Torneo Internacional de Junior ITF de Tenis de Pontevedra foi presentado este xoves no concello con presenza da responsable municipal de Deportes, Anxos Riveiro, o presidente do Mercantil, Ernesto Filgueira, o director técnico de club pontevedrés, Miguel Lapido, e o director do campionato, Noli Álvarez.
Relacionadas:
-
A choiva condiciona o inicio do XVI Torneo Internacional Junior ITF de Tenis de Sanxenxo
Por Redacción |
-
O sexto Torneo Internacional Junior ITF queda sen triunfo nacional
Por Redacción |
-
As roldas finais elevan a emoción no VI Torneo Internacional Junior ITF de Tenis
Por Redacción |
-
Emoción e sorpresas no inicio da fase final do Torneo Internacional de Tenis
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Peche con sabor ruso no V Torneo Internacional Junior de Tenis
Por Redacción |