Inmellorable estrea do Pontevedra Mareantes Rugby Club
Por Redacción
Non puido comezar de mellor maneira o novo proxecto do rugby pontevedrés, froito da unión de forzas de Mareantes e Pontevedra Rugby Club, e que o pasado sábado contou coa súa primeira cita oficial.
O segundo equipo do Pontevedra Mareantes Rugby Club venceu con autoridade ao filial do Vigo Rugby nun encontro correspondente á primeira xornada de competición na Segunda División Autonómica, disputado no campo de Monte Porreiro.
Os pontevedreses conseguiron un triunfo inapelable (67-5) a pesar dos fallos propios da altura da tempada.
Dominaron desde o inicio nun choque que serviu para probar o nivel dos xogadores para a configuración dos planteis ao longo do ano, con equipos en Primeira e Segunda División do rugby galego, e só nos minutos finais o Vigo Rugby conseguiu un ensaio para maquillar o resultado.
No descanso do partido realizouse ademais a presentación oficial do novo equipo feminino que se estreará esta campaña en competición oficial.
Relacionadas:
-
O Pontevedra Mareantes, sen opción en Ferrol
Por Redacción |
-
O Pontevedra Mareantes vence en Lalín (17-33)
Por |
-
RADIO.- "Hay una ilusión renovada" no rugby pontevedrés
Por Redacción |
-
Todos a un tempo no rugby pontevedrés
Por Redacción |
-
RADIO.- Pontevedra Rugby Club e Mareantes únense para conseguir un equipo senior feminino
Por Marisa Ciordia |