Adrián León, dúbida para a próxima xornada de liga
Por Diego Espiño
A melloría do Pontevedra nas dúas últimas xornadas coincidiu coa decisión de Luisito de atrasar a posición de Adrián León e situalo no centro da defensa, onde o futbolista confirmouse como un dos homes fundamentais no esquema do equipo achegando maior apromo á retagarda.
Con todo a súa continuidade no once titular está no aire para a próxima xornada de liga debido á lesión que se produciu na segunda metade do partido en Ferrol.
León sufriu unha aparatosa torcedura no seu nocello dereito, o que parecía presaxiar unha doenza de consideración. Afortunadamente o xogador recuperouse nun primeiro momento e continuou sobre o terreo de xogo, pero terminou sendo sustituído no minuto 66 por Víctor Mongil, autor pouco despois do segundo gol pontevedrés.
Este luns, unha vez explorado polos servizos médicos diagnosticouse unha forte escordadura, polo que a súa presenza no próximo choque de liga ante o Castilla en Pasarón (domingo, 17:00 horas) está no aire.
O propio Adrián León mostrouse aliviado por tratarse dunha lesión que é "menos de lo esperado". A súa presenza na próxima xornada parece complicada, pero será a evolución que presente nos próximos días a que decrete a súa dispoñibilidade.
Menos de lo esperado!
— Adrián León Ortega (@11adri11) 2 de octubre de 2017
Esguince de tobillo un poco fuerte &zwj Gracias por los mensajes #SeguimosDandoGuerra pic.twitter.com/2xhiPinxga
Tamén terminou con molestias o partido na Malata o autor do primeiro tanto, Álex González. Así o reflectiu o acta arbitral e púidose comprobar visualmente cando foi cambiado, ao colocarse xeo rodeando a súa coxa dereita. En todo caso espérase que este feito non lle impida traballar co grupo tras o adestramento de recuperación previsto para este luns e a xornada de descanso habitual dos martes.
Relacionadas:
-
Segue crecendo o Pontevedra á conta do Real Madrid Castilla (2-0) nun partido brillante dos granates
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Ás voltas coa defensa para recibir ao Real Madrid Castilla
Por Diego Espiño |
-
Jimmy, operado con éxito no Hospital QuirónSalud: "Espero que en menos de 8 semanas esté ya jugando"
Por Diego Espiño |
-
Cambio de dinámica dun Pontevedra serio que minimiza ao Racing de Ferrol e levanta voo (1-2)
Por Raúl Salgado |
-
Jimmy deberá pasar polo quirófano e estará un mínimo de dous meses de baixa
Por Diego Espiño |
-
Chega o primeiro triunfo dun Pontevedra en franca melloría á conta do San Sebastián de los Reyes (3-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |