María Jesús Coya e Luismi Velásquez, vencedores do segundo Tríatlon Boamorte
Por Redacción
Portonovo foi escenario este domingo do segundo Tríatlon Boamorte, última proba da tempada en Galicia e que contou con ao redor 150 deportistas inscritos.
A proba, en distancia olímpica e sen drafting, tivo como centro de operacións a praia de Baltar e un circuíto que no sector ciclista chegou ata A Lanzada.
En categoría feminina María Jesús Coya (Cidade de Lugo Fluvial) repetiu triunfo no Tríatlon Boamorte despois dunha competición na que sempre foi ben colocada e que sentenciou cun gran parcial nos 10 quilómetros de carreira a pé, chegando a meta cun tempo de 2 horas, 19 minutos e 18 segundos. Segunda foi Aída García (2:25:57) e terceira Luisa Ibáñez (2:29:42).
Na carreira masculina o vencedor foi Luismi Velásquez (Tri-Penta Terras de Lugo), que tamén foi regulando e controlando a proba ata ser o mellor no último sector e finalizar cun tempo de 1 hora, 51 minutos e 47 segundos. Completaron o podio Cristóbal Dios (1:55:07) e terceiro Jacobo Crego (1:55:55).
Consulta as clasificacións oficiais do II Tríatlon Boamorte.