Vence e convence o Arxil na súa estrea ligueira ante o Segle XXI (68-46)
Por Redacción
Inmellorable debut ligueira para o Arxil nunha nova tempada da Liga Feminina 2 de baloncesto.
O equipo pontevedrés venceu con autoridade este domingo ao Segle XXI barcelonés (68-46) nun partido disputado no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
As verdes mostraron un gran nivel defensivo durante todo o encontro, e en base a iso comezaron a dominar o marcador desde o primeiro cuarto (17-10).
O choque continuou polos mesmos camiños ata o descanso (31-23) e foi no terceiro parcial cando o Arxil deu o golpe definitivo. As de Mayte Méndez mantiñan a concentración en defensa pero melloraban o seu acerto en ataque para distanciarse (56-36).
Sen capacidade de reacción polo bando catalán, o encontro terminou por decidirse sen sobresaltos.
Destacado foi o debut da colombiana Tatiana Mosquera, sen apenas adestrar aínda co grupo pero que sumou en menos de 20 minutos de xogo 18 puntos e 5 rebotes, sendo a máxima anotadora. A pivote estivo ben secundada na pintura por Ana Román (16 puntos) e tamén por María Lago (12).
Relacionadas:
-
Arxil e Celta poñen en xogo a súa condición de equipos invictos na Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
O Arxil presume do nivel da súa canteira
Por Redacción |
-
O Arxil confirma o seu bo inicio de liga vencendo en Oviedo (47-79)
Por Redacción |
-
Confianza no Arxil ante o seu primeiro desprazamento da tempada
Por Redacción |
-
Tatiana Mosquera, a tempo para o inicio da Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
O Arxil seguirá co xusto ata o inicio de liga
Por Diego Espiño |