Un novo agasallo defensivo provoca o empate do Pontevedra co Somozas nun decepcionante e accidentado partido
Por Ramiro Espiño
Cinco de oito e segue a conta. Oito xornadas disputadas nas que en cinco delas o Pontevedra regala ao adversario polo menos un gol por erros propios que lastran de forma insuperable o xogo do equipo e na maioría desas cinco xornadas (coa excepción do Céltiga) provocan a derrota ou como mal menor o empate. E é que si neses partidos márcase como moito un gol, non fai falta ser un xenio da aritmética para saber que con sorte o máximo ao que podes aspirar é o empate.
Fronte ao Somozas volveuse a cumprir o que xa empeza a converterse nunha tradición incorrexible esta tempada. Vinte ou vinte e cinco minutos estimables nos que os granates póñense por diante, dan a sensación de ser moi superiores a un Somozas que acusaba as importantes baixas que traía, chegando con facilidade pero perdoando a puntilla cun segundo gol e primeiro un aviso nun mal despexe de Lorenzo que se queda en susto e logo o clásico regalito deixando o balón morto no bordo do área propia, como o faría un infantil, na primeira chegada ao área dos visitantes que custa o empate, pon ao equipo feito un flan e faille desaparecer do partido ata o descanso.
Logo viría unha segunda parte de "quero e non podo". Acumulando erros nas entregas, poñendo ao afeccionado propio a medio camiño entre o cabreo e o infarto, é certo que ocasiones houbo sobradas, especialmente un disparo de Stefan que repele o travesaño, xusto cando se cumpría o minuto 90, ou un gol xustamente anulado por fóra de xogo ao mesmo Stefan, pero que debía chegar no remate previo de Tubo, pero tamén o é que o Somozas, coa lección ben apresa e sabedor dos riscos moitas veces excesivos que some o equipo pontevedrés na saída do balón, puido obter un botín maior no desconto, cando Álvaro nunha contra co Pontevedra envorcado, non acerta a bater a Lorenzo no man a man.
Pero é que a tarde xa comezara mal. Milo decidira devolver á titularidad a Sergio Lloves en detrimento dun Lorenzo lonxe do excepcional rendemento ofrecido toda a tempada pasada, pero no quencemento o porteiro recibiu un tremendo e desafortunado balonazo na cara que lle deixou conmocionado e que obrigou ao seu traslado ao Hospital Miguel Domínguez, onde logo de realizarlle as correspondentes probas descartouse unha lesión grave, pero quedou ingresado en observación. Por certo que para maior desgraza no momento do percance non había médico no campo, algo absolutamente inadmisible nunha entidade como a granate e que non é responsabilidade do médico do club, que realiza o seu labor de forma desinteresada e avisou da súa ausencia, si non de quen non prevexa que houbese un sustituto para cubrir calquera continxencia.
E como as desgrazas nunca veñen soas, lesión de Sestelo, que acabou renqueante tirando de pundonor para non deixar ao seu equipo en inferioridad e como "dianteiro centro" circunstancial nunha solución ao "Alesanko" que vai camiño de converterse na única saída táctica para intentar enmendar o resultado. Lesión tamén de Tubo, improvisado lateral dereito e ata erro no reloxo do luminoso que induciu a erro na afección ao pensar que o árbitro pitaba o final antes de tempo.
O único bo da xornada foron os resultados doutros campos que polo menos permiten aos granates conservar o seu posto entre os catro primeiros, pero iso si, a seis puntos do segundo e a DEZ do intratable líder. Unha distancia sideral para só oito xornadas, máis pensando que o domingo visita Pasarón o Celta B...Visto o visto, para botarse a tremer.
PONTEVEDRA, C.F. : Lorenzo (1); Cristóbal Juncal (2), Sestelo (1), Pablo (1), Adrián Gómez (0); Fran Fandiño (1), Iago Paz (1), Moisés Pereiro (0), Tubo (0); Santi Domínguez (1) e Stefan (1).
Sustituciones: Jacobo (0) por Fran Fandiño, min. 46. Javi Pazos (1) por Moisés, min. 79 e Tomás (0) por Adrián, min. 79.
U.D. SOMOZAS: Paco (3); Dani (1), Álex Bao (1), Piscu (2), Suso (1); David Franch (1), Pablo Berros (1); Rubén (1), Alexandre (1), Diego Rey (1); Carlos (2).
Sustituciones: Nando (1) por Pablo Berros, min. 64. Ekedi (1) por Carlos, min. 71 e Álvaro (s.c.) por Diego Rey, min. 83.
Árbitro: Brea Peón, auxiliado nas bandas por López Vila e Soto Eiroa (A Coruña). Amonestó a Iago Paz, Stefan, Álex Bao, Piscu, David Franch, Rubén e Pablo Berros.
Goles: (1-0) Minuto 16: Gran centro de Cristóbal que deixa morto Santi Domínguez para que Stefan fusile de media volea por alto. (1-1) Minuto 27: Grave erro defensivo do Pontevedra na saída do balón que queda aos pés de Carlos para que se interne no área e fusile por alto.
Incidencias: Campo Municipal de Pasarón. Pouco máis de mil cincocentos afeccionados.
VESTUARIOS:
MÍCHEL: O técnico visitante estaba satisfeito co punto conseguido pero só a medias: "Os dous equipos tivemos o noso momento no partido e as nosas ocasións, pero penso que máis claras foron as nosas, por iso voume contento co punto conseguido, por tratarse do rival que tiñamos en fronte, pero creo que puidemos levarnos o partido". Míchel elogiaba a actuación dos seus homes, malia as baixas que traía: "Hoxe viñamos con moitas baixas de homes moi importantes no equipo, pero os que entraron responderon, demostrando que podemos competir con calquera. Sabiamos que ao Pontevedra non hai que deixarlle correr e si conseguiamos pararlles teriamos as nosas opcións, como así foi".
MILO ABELLEIRA: A cara do adestrador granate reflectía o desgusto por este novo tropezo e pola lesión de Lloves: "Non empezamos ben o día co golpe de Lloves que tivo que irse ao hospital porque por desgraza hoxe non tiñamos no campo ao médico e non se acordaba de nada. Afortunadamente fixéronlle un TAC e parece que non hai lesión, pero quedará en observación durante a noite para máis seguridade". Con relación aos graves erros defensivos que volveron custar o partido, o técnico dixo: "Creo que vou deixar de falar deles, a ver si así non os cometemos. O malo é que son fallos que se van repetindo e cada día é un xogador distinto e que temos que corrixir. De todos os xeitos preocúpame máis o que lle pasa a xogadores como Adrián, que non está ao nivel que realmente ten". Insistindo neses fallos, o técnico incidió na necesidade de non repetilos: "O noso equipo quere sacar o balón xogado sempre e ás veces non se pode. Espero que aprendamos dunha vez e non fagamos máis agasallos aos contrarios nin fallemos tantos pases como hoxe".