Todos a un tempo no rugby pontevedrés
Por Redacción
O que comezou a principios de verán como unha suma de forzas para impulsar a creación dun equipo feminino, convertido agora en realidade, desembocou na reunificación do rugby na cidade.
Desde esta mesma tempada, que está a piques de comezar, Pontevedra Rugby Club e Mareantes integraranse nunha sóla estrutura deportiva, primeiro paso cara a unha fusión que se espera frutifique o próximo curso.
"Queremos fortalecer el proyecto del rugby en Pontevedra", recoñece Félix Álvarez, e iso pasa por unirse e contar, en categoría senior masculina, con dous equipos baixo a denominación de Pontevedra Mareantes Rugby Club.
Na práctica o PRC permaneceu na primeira división autonómica, mentres o Mareantes renunciou a ela e competirá na segunda división, pero os xogadores de ambos os equipos pasaron a adestrar xuntos solucionando o problema de efectivos que ás veces tiñan que superar.
No horizonte asoma a idea de tentar ascender á División de Honra B. "Este año pelearemos por la liga", asegura o aínda presidente do PRC.
En canto á unión administrativa, creouse xa unha xunta xestora con representantes dos clubs que traballarán na integración de ambas as dúas estruturas.
O debut oficial do novo proxecto de rugby na cidade non se fará esperar, aínda que será co equipo da segunda división territorial que o vindeiro sábado 30 de setembro (16:00 horas) recibirá no campo de Monte Porreiro ao Vigo Rugby B na primeira xornada de liga.
Relacionadas:
-
A Outubrofest 2017 agarda servir máis de 10.000 salchichas
Por Oskar Viéitez |
-
O Pontevedra Mareantes, sen opción en Ferrol
Por Redacción |
-
RADIO.- "Hay una ilusión renovada" no rugby pontevedrés
Por Redacción |
-
Inmellorable estrea do Pontevedra Mareantes Rugby Club
Por Redacción |
-
RADIO.- Pontevedra Rugby Club e Mareantes únense para conseguir un equipo senior feminino
Por Marisa Ciordia |
-
Tres nenas pontevedresas rompen o 'teito de cristal' do rugby italiano
Por Alejandro Espiño |