Cara e cruz no inicio de tempada para O Fisgón e Cidade de Pontevedra
Por Redacción
De maneira oposto iniciaron a tempada o Cidade de Pontevedra e O Fisgón de Marín na Segunda División do fútbol sala feminino nacional.
Mentres o equipo pontevedrés encaixou senllas derrotas nos seus dous compromisos ligueiros, O Fisgón estreou a súa nova casa en Marín con grandes sensacións, que lle colocaron na sexta praza da clasificación con 4 de 6 puntos posibles.
No seu primeiro partido como local, o cadro marinense rabuñou un traballado punto ante o Colmenarejo (1-1), nun partido que se complicou aos 5 minutos ao tomar vantaxe o equipo visitante.
Non se descompuxo O Fisgón e insistiu ata que a cinco minutos do final a capitá do equipo, Kiko, facía a igualada.
En canto ao Cidade de Pontevedra, encaixou unha dura goleada na pista do AD Alcorcón B (6-0) que lle condena ao faroliño vermello con 0 puntos en dúas xornadas.