O Ribadumia gaña o derbi da necesidade ao Céltiga mentres caen Villalonga e Arosa
Por Redacción
Necesitaba gañar o Ribadumia para levantar cabeza despois dun comezo titubeante e fíxoo no derbi fronte a outro necesitado como o Céltiga que suma a súa quinta derrota consecutiva e acende as alarmas no seo da entidade insular, que comezaba a tempada con obxectivos máis ambiciosos tras as fichaxes realizadas, véndose de forma inesperada afundido na táboa como vicecolista.
Foi un partido moi disputado que se inclinou ao lado local cun gol psicolóxico pouco antes do descanso conseguido por Josiño.
Na segunda parte o Céltiga buscou o empate, pero serían os locais os que sentenciaron cun segundo tanto obra de Hugo Soto, a 17 minutos do final.
Con este resultado o Ribadumia escapa dos postos de descenso, sumando cinco puntos, por só tres do Céltiga, que queda como penúltimo.
Consulta o acta do partido Ribadumia-Céltiga nesta ligazón.
Segue imparable o sorprendente Ourense CF que despois de sumar dous empates nas xornadas iniciais encadeou catro vitorias consecutivas, a última en San Pedro fronte a un Villalonga que non perdera ata o momento, pero que cedeu ante o empuxe visitante.
Os últimos minutos de cada período resultaron decisivos. Neles chegaron os goles ourensáns. O primeiro aos 41 minutos de partido, obra do ex do Coruxo Martín Lamelas, e o segundo e definitivo case no desconto, conseguido por Edu Otero.
Consulta o acta do partido Villalonga-Ourense CF nesta ligazón.
Se hai un equipo revelación, xunto co Ourense CF, ese é o Silva. Os coruñeses puxéronse á cabeza da táboa con nada menos que cinco triunfos e un único empate, despois de gañar con autoridade a un Arosa que non termina de atopar o seu rumbo e cede terreo.
Aos 35 minutos os da Grela adiantábanse no marcador ao transformar Cañi un penalti.
O Arosa plantou cara e tivo as súas opcións, pero nada máis comezar a segunda parte (minuto 49), Diego facía o segundo e terminaba coas esperanzas dos de Jorge Otero.
Consulta o acta do partido Silva-Arosa nesta ligazón.
Relacionadas:
-
Ceden en casa Villalonga e Celtiga, o Arosa logra a súa segunda vitoria e o Ribadumia arranca un punto
Por Redacción |
-
Remonta o Ribadumia, sorprende o Céltiga en Villalba, cae o Villalonga na casa e segue sen arrancar o Arosa
Por Redacción |
-
Triste empate entre Arosa e Ribadumia mentres Céltiga e Villalonga sacan proveito do mal momento de Laracha e Negreira
Por Redacción |
-
Primeiro triunfo do Arosa, gaña tamén o Villalonga e caen goleados Céltiga e Ribadumia
Por Redacción |
-
Empates con distinto sabor para Villalonga, Arosa e Ribadumia e derrota do Céltiga en Redondela
Por Redacción |
-
Non arranca o Arosa que empata co Villalonga, derrota do Céltiga e empate a domicilio do Ribadumia
Por Redacción |