O pontevedrés Enrique Fariñas proclámase en Meis campión de España de golf de Terceira Categoría
Por Redacción
O Campionato de España de Golf de Terceira categoría quedou na casa.
Un xogador do club Chan do Fento fíxose co triunfo final despois de toda unha fin de semana de competición no campo de golf de Monte Castrove, en Meis.
Ese xogador foi Enrique Fariñas, abonado ao campo de Monte Castrove e que con só 16 anos impúxose aos máis de 120 deportistas inscritos.
Aínda en idade cadete, asinou unha tarxeta de 243 golpes (83, 83 e 77 nas tres voltas) para impoñerse con 10 de vantaxe sobre Juan Borja Otero.
Entre os dez primeiros clasificados situáronse outros dous xogadores do Chan do Fento, José Luis Rial na quinta posición e Juan Estévez na novena.