Prudencia no Arxil ante a posibilidade de lograr a permanencia nos despachos
Por Redacción
Os precedentes invitan o optimismo pero dende o Club Baloncesto Arxil polo momento piden prudencia ante a posibilidade de lograr a permanencia na Liga Feminina 2 nos despachos.
O club pontevedrés, que acaba de descender na cancha á Primeira Nacional despois de doce tempadas na categoría de prata do baloncesto feminino nacional, ten intención de optar ás posibles prazas que queden vacantes a final de tempada, ben pola renuncia a competir dalgún club ou ben por unha posible ampliación da liga por parte da Federación, para chegar aos 14 equipos por grupo despois de quedarse só con 11 no grupo A e 12 no B.
"Todo el mundo está porque continuemos en Liga Femenina 2 y es lo que vamos a gestionar"
Os problemas económicos de moitas entidades están detrás de gran parte das esperanzas do equipo arxilista. O Cortegada e o Celta Selmark renunciaron a disputar a fase de ascenso ao non poder asumir o seu custo, e en anos anteriores equipos como o Guadalajara ou o Universidad de Oviedo continuaron en Liga Feminina 2 a pesares de ocupar posto de descenso na claficación pola renuncia de varios conxuntos.
Dende o Arxil aseguran que as federacións española e galega aceptarían de bo grao a proposta verde, segundo recoñece o coordinador do club Lino Vázquez, quen asegura ademais que xestionarán esta posibilidade ata esgotar todas as posibilidades, "hay que esperar a que acabe la competición para empezar con los trámites pertinentes, pero todo el mundo está porque continuemos en Liga Femenina 2 y es lo que vamos a gestionar. Este año se ha dado un paso adelante en cuanto a crecimiento y ahora mismo tenemos que sentarnos y analizar los apoyos que tenemos".