Paso importante do Froiz na Volta a Galicia ao gañar a contrarreloxo por equipos de Monforte
Por Redacción
Non puido comezar mellor a XVI Volta a Galicia para o Grupo Deportivo Supermercados Froiz, vencedor da contrarreloxo por equipos que daba inicio este xoves á rolda autonómica.
O equipo pontevedrés foi o máis rápido en completar os 10,2 quilómetros de percorrido en Monforte, cun importante traballo de todos os seus ciclistas e sobre todo do especialista na loita contra o crono, Martín Bouzas.
O Froiz marcou un tempo de 12 minutos e 15 segundos, con 7 segundos de vantaxe sobre o Liberty e 14 segundos sobre o Rías Baixas, segundo e terceiro respectivamente.
Conseguir o premio do liderado na primeira etapa da Volta a Galicia ten maior importancia se cabe para a escuadra alimenticia tendo en conta o que aseguraba na previa da carreira o seu director, Evaristo Portela, para quen falta unha chegada no alto que marque diferenzas.
De todos os xeitos manter o maillot de líder, en mans de Martín Lestido, non será tarefa sinxela nas tres xornadas que restan de carreira, empezando por unha segunda etapa con perfil 'rompepernas' que se celebrará desde as 13:00 horas deste venres tamén con saída e chegada en Monforte.
Serán en total 143,1 quilómetros de percorrido con tres ascensións puntuables, unha de terceira categoría e dúas de segunda, para un total de 2.603 metros de desnivel positivo acumulado.
Relacionadas:
-
Obxectivo cumprido para o Froiz, vencedor da Volta a Galicia con Martín Lestido
Por Redacción |
-
Ánimos para o Froiz antes do seu gran obxectivo da tempada, a Volta a Galicia
Por Diego Espiño |
-
RADIO.- A Playlist de Evaristo Portela "te va a gustar ...¡y lo sabes!"
Por Marisa Ciordia |
-
O Froiz enche de moral para a Volta a Galicia
Por Redacción |
-
O Froiz refórzase no tramo final da tempada
Por Redacción |