O Salcedo 'ponse guapo' polo seu 70 aniversario
Por Redacción
O pasado 10 de setembro a Sociedade Cultural Deportiva Salcedo celebrou o seu 70 aniversario.
Por ese motivo, e porque 70 anos de historia nun club modesto como o pontevedrés son motivo de auténtico orgullo, a directiva do club decidiu 'poñer guapos' aos seus equipos.
Así durante a presente tempada os equipos senior, feminino e masculino, do Salcedo vestirán unha camiseta conmemorativa.
A elástica presentouse a pasada fin de semana.
O conxunto feminino do Salcedo milita esta campaña na Segunda División Feminina, mistras o masculino compite na Segunda Rexional.