Os incansables Óscar Graña e Ramón Ferro, prata no Mundial de Sudáfrica
Por Redacción
Chegaban á cita na terna de grandes favoritos e con ganas de desquitarse da mala fortuna que tiveron no Europeo, e vaia se o fixeron, aínda que non puideron lograr a vitoria final.
O pontevedrés Óscar Graña e o arousano Ramón Ferro (Kayak Tudense) proclamáronse este domingo en Pietermaritzburg, Sudáfrica, subcampións do mundo de piragüismo maratón na modalidade de C-2.
Graña e Ferro estiveron na cabeza de carreira desde o inicio da proba e mantiveron as súas opcións ata case o final, cando a falta de 500 metros os grandes favoritos, os húngaros Marton Kover e Adam Docze, conseguiron deixalos atrás para facerse co ouro.
A pesar diso a prata deixa gran sabor de boca e agranda aínda máis a súa lenda, xa que se trata da súa medalla número 12 nun Mundial de maratón, vixésimo primeiro metal internacional. De feito desde 2002 estiveron presentes sempre no podio mundialista da especialidade salvo nunha ocasión, cando en 2009 foron baixa por lesión.
Non tiveron tanta fortuna Tono Campos (Breogán do Grove) e o seu compañeiro José Manuel Sánchez, que aínda que subiron ao podio coa terceira posición, non puideron manterse na pelexa polo ouro ao envorcar no quinto dos porteos tras un choque cos húngaros que lles fixo perder un valioso tempo. Campos xa lograra o bronce na canoa individual.
No Mundial de piragüismo maratón tambén competiu Tania Álvarez (Breogán) na categoría sub-23, quedándose ás portas dunha medalla ao ser cuarta en K-1 a só 15 segundos da británica Alexandra Lane. Tania foi ademais sexta no K-2 absoluto xunto á madrileña Lucía Arquero.
Relacionadas:
-
A elite do piragüismo maratón nacional cítase no río Lérez
Por Redacción |
-
O Celta homenaxea aos piragüistas pontevedreses de maratón
Por Redacción |
-
Pontevedra, berce de medallistas mundiais
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
A armada pontevedresa de piragüismo maratón, lista para o Mundial de Sudáfrica
Por Redacción |
-
Tono Campos e José Manuel Sánchez revalidan o seu título de campións europeos de piragüismo maratón
Por Redacción |
-
Tono Campos e Jenifer Casal, primeiras medallas pontevedresas no Europeo de piragüismo maratón
Por Redacción |
-
Óscar Graña e Ramón Ferro agrandan a súa lenda co seu décimo título nacional de piragüismo maratón
Por Redacción |