A esgrima galega exhíbese na Peregrina
Por Redacción & Mónica Patxot
O Masters de Esgrima de Galicia sorprendeu a moitos pontevedreses este venres cunha rechamante competición en plena rúa, na Praza da Peregrina.
A cita, organizada pola Escola Hungaresa, reuniu aos mellores tiradores do ránking autonómico de espada, sabre e florete.
En formato de final en cada unha das categorías fóronse enfrontando os actuais campións galegos contra o número 1 da clasificación que elabora a Federación Galega.
Iso foi desde as 18:30 horas, pero a actividade comezou moito antes cunha vistosa exhibición de esgrima histórica que fixo gozar ao público presente.
Relacionadas:
-
O equipo infantil da Escola Hungaresa de esgrima, subcampión de España
Por Redacción |
-
Dobre medalla para a Escola Hungaresa de esgrima no Trofeo Internacional Sant Jordi
Por Redacción |
-
O Masters de Esgrima de Galicia volve a Pontevedra dous anos despois
Por Diego Espiño |
-
Histórico resultado da Escola Hungaresa de esgrima no Criterium Nacional de El Escorial
Por Redacción |