Alfonso Gallego e a súa xunta preparan a súa saída da dirección do Club Natación Galaico
Por Diego Espiño
A celebración do Campionato de España Open na piscina de Ponte Muiños paralizou o relevo na dirección do Club Natación Galaico, despois de que tras unha tensa asemblea os socios esixisen a dimisión de Alfonso Gallego e o obrigasen a convocar unha nova reunión para votar a súa continuidade á fronte do club.
Esa nova asemblea non vai realizarse, polo menos nos termos acordados, xa que Gallego ten decidido abandonar aínda que os prazos non están definidos, "lo que está claro es que yo dejo la presidencia. Si no hemos dimitido el día después del Open es para seguir con el día a día, no vamos a dejar en el aire sin organización el torneo Amizade o el Promesas do Lérez".
"El dinero se ha gastado en cosas del club, podemos ser horribles en la gestión pero tenemos la conciencia tranquila"
As dúas opcións que manexa a xunta directiva é que algúns pais queiran facerse cargo da entidade nunha "transición rápida", segundo Alfonso Gallego, ou que se convoquen eleccións. Esa decisión tomarase despois da reunión que convocou a sección de natación para este venres 5 de marzo, "están confusos por todo el ruido de la problemática con la sección de waterpolo, se trata simplemente de darles las explicaciones que nos pidan". Gallego non obstante ten claro por que opción se decanta, "la transición será lo más rápida posible y eso no son las elecciones porque el proceso se alargaría unos dos meses".
Antes de facer efectiva a súa renuncia o presidente do Galaico quixo defenderse ademais das acusacións dalgúns pais e socios, "el dinero se ha gastado en cosas del club, podemos ser horribles en la gestión pero tenemos la conciencia tranquila".
Bea Gómez Cortés, socia de honra do CN Galaico
Por primeira vez unha deportista recibirá a distinción de socia de honra do Galaico despois do acordo da xunta directiva do club, que pretende realizar a homenaxe á súa nadadora máis internacional no torneo Promesas do Lérez.
Relacionadas:
-
Alfonso Gallego inicia o proceso para abandonar a presidencia do Club Natación Galaico
Por Diego Espiño |
-
Chamamento dos tres ex-presidentes do Galaico aos socios: "deben implicarse para sacar adiante o club dos seus fillos"
Por Diego Espiño |
-
Os socios do Galaico forzan unha moción de confianza á xunta directiva nunha tensa asemblea
Por Diego Espiño |