O fútbol sala pontevedrés perde unha lenda co falecemento de Beto
Por Ramiro Espiño
José Roberto Camilo Lima, coñecido nos ambientes deportivos como "Beto" falecía na madrugada deste mércores. O que fora xogador do xa desaparecido Rías Baixas FS entre os anos 1991 e 1996, formou parte do histórico equipo que chegou a militar na máxima categoría do fútbol sala nacional.
"Beto" loitaba desde hai anos contra unha grave enfermidade, un cancro linfático que lle diagnósticaron no ano 2014, e que finalmente non puido superar, tras agraverse o seu estado de saúde nos últimos meses.
O ex-xogador brasileiro, xunto co seu compañeiro e compatriota Carlinhos, marcou toda unha época no fútbol sala pontevedrés, ao que chegou con só 19 anos da man de Isidro Otero, por aquel entón presidente do Rías Baixas FS, para levar ao club ata a elite do fútbol sala.
"Beto" contaba con 43 anos de idade e despois de abandonar o Rías pasou polas filas de Valencia, Burela, Avilés e Burgos entre outros, pero nunca deixou de estar próximo a Pontevedra, residindo actualmente na Estrada.