Dominio absoluto de Alexis Viéitez na I Subida Cerdedo-Cotobade
Por Redacción & Diego Torrado
Alexis Viéitez escribiu o seu nome no palmarés da recentemente estreada Subida Cerdedo-Cotobade, que esta campaña súmase ao Campionato Galego de Montaña coa súa primera edición.
O piloto da Escudería Buxa Motor Poio foi o máis rápido en cada unha das catro mangas de competición, distribuídas entre as xornadas de sábado e domingo, levándose o triunfo final con autoridade.
Viéitez acumulou 8,5 segundos de vantaxe sobre o segundo clasificado final, Sergio Varela (Pontevedra 1984), e 9,7 segundos sobre o terceiro, que foi Jesús Pombo (Congostra Team Sanxenxo).
Sexto na xeral e primeiro na categoría de carrozados foi Manuel Senra co seu Peugeot 306 Maxi, con apenas un segundo de vantaxe sobre Víctor Magariños, cun Porsche 911 GT3.
Consulta aquí a clasificación oficial completa da I Subida Cerdedo-Cotobade.
Relacionadas:
-
A Subida Cerdedo-Cotobade sobe de nivel na súa segunda edición
Por Redacción |
-
Pablo Rey vence na XVIII Subida a Escusa e dá emoción ao Campionato Galego
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O título galego, en xogo na XVIII Subida a Escusa
Por Diego Espiño |
-
Alexis Viéitez repite triunfo na Subida a Ponte Caldelas
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Alexis Viéitez confirma o seu dominio e adxudícase a súa terceira Subida Cidade de Pontevedra consecutiva
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Os motores roxen en Marcón na primeira xornada da XX Subida Cidade de Pontevedra
Por Diego Espiño & Diego Torrado |