Un sábado de tríatlon coa XVII edición do Cidade de Pontevedra
Por Redacción
O tríatlon autonómico ten unha cita este sábado 26 de agosto con todo un clásico do calendario, o Tríatlon Cidade de Pontevedra que chega ao seu XVII edición.
Preto de 450 deportistas daranse cita na Boa Vila para participar nas diferentes categorías previstas, desde as probas populares ata o Campionato Galego Masculino e Feminino.
Na competición absoluta (feminina ás 18:15 horas e a masculina ás 19:15 horas) hai un importante nivel de participación con triatletas como as irmás Melina e Camila Alonso, Inés Castaño, Antonio Serratu ou Uxío Abuín, entre outros.
O Campionato Galego disputarase baixo distánciaa sprint e no circuíto habitual na cidade, con 750 metros de natación na zona da ponte dos Tirantes, 20 quilómetros de ciclismo por Avenida de Bos Aires, Rafael Areses, campus Universitario e Avenida de Compostela e 5 quilómetros de carreira a pé ao bordo do Lérez pasando pola praia fluvial cara a Monte Porreiro e volta.
Antes destas carreiras a actividade iniciarase ás 14:50 horas co Nada e Corre para as categorías benxamín e alevín, continuando ás 15:00 horas cunha proba Minisprint popular (300 metros de natación, 10 quilómetros de ciclismo e 2,5 quilómetros de carreira a pé) e ás 16:00 horas coa carreira Popular Sprint.
Tamén haberá competición de paratríatlon con saída ás 17:00 horas.
Relacionadas:
-
Joselyn Brea e Antonio Serrat proclámanse en Pontevedra campións galegos de tríatlon
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Onde aparcar este sábado ao coincidir o tríatlon e partido en Pasarón?
Por Redacción |
-
O Tríatlon Cidade de Pontevedra dificultará o estacionamento preto de Pasarón este sábado
Por Redacción |