Bronce! Águeda Cons logra no 800 libre a súa primeira medalla no Mundial Junior de natación
Por Diego Espiño
Primeiro foi medallista nacional en categoría absoluta, despois conseguiu tres medallas de prata no Europeo junior e agora Águeda Cons derrubou unha nova barreira ao lograr o seu primer podio mundialista no Campionato do Mundo Junior que se está disputando estes días en Indianápolis (EEUU).
A nadadora do Galaico fíxose coa medalla de bronce no 800 libre, a primeira proba individual que disputaba tras o sexto posto conseguido na remuda 4x200, e quedou a só dúas décimas da prata.
Águeda parou o crono nun tempo de 8:30.85, mellor marca nacional de 17 anos, nunha emocionante pugna coa rusa Anastasiia Kirpichnikove (8:31.12) que foi cuarta e coa húngara Ajna Kesely (8:30.62), que se fixo coa prata. A primeira posición foi para a arxentina Delfina Pignatiello (8:25.22).
Esta marca supón rebaixar en máis de 4 segundos o rexistro que lle valeu recentemente a medalla de prata europea (8:35.18), nunha cita na que a campioa foi precisamente Ajna Kesely, prata en Indianápolis, nadando entón en 8:31.81.
Trátase da súa primeira medalla na competición pero a deportista pontevedresa ten aínda opcións de ampliar a súa palmarés nas outras dúas distancias nas que está inscrita, o 400 e o 1.500 libre.
Relacionadas:
-
Águeda Cons pon rumbo a Xapón
Por Redacción |
-
Pontevedra, berce de medallistas mundiais
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Recoñecemento nacional a Luisa Domínguez, adestradora de natación do CGTD
Por Diego Espiño |
-
Eleccións no Club Natación Galaico tras a dimisión da súa xunta directiva
Por Diego Espiño |
-
Segundo bronce de Águeda Cons para pechar con nota o Mundial Junior de natación
Por Diego Espiño |
-
Águeda Cons estréase no Mundial Junior de Indianápolis cun sexto posto na remuda
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Cálido recibimento a Águeda Cons tras as súas tres medallas no Europeo Junior de natación
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Tres de tres! Águeda Cons consegue no 1.500 a súa terceira medalla de prata no Europeo Junior de natación
Por Diego Espiño |
-
Águeda Cons brilla con luz propia en Israel e logra a súa segunda medalla no Europeo Junior
Por Diego Espiño |
-
Águeda Cons, subcampioa de Europa junior de natación en Israel
Por Diego Espiño |