Iván Martín: "mi objetivo es llevar a lo más alto a este club"
Por Diego Espiño
O último futbolista ata o momento en sumarse ao novo proxecto do Pontevedra Club de Fútbol, Iván Martín, foi presentado este martes no Estadio Municipal de Pasarón.
Despois de perder o choque do domingo en Vigo ao levar só dous adestramentos co equipo, o dianteiro sevillano asegura atoparse "bastante bien" fisicamente e estar listo para debutar cando o técnico considéreo oportuno.
Martín, de 22 anos, asegurou na súa primeira rolda de prensa como futbolista granate que "mi objetivo es llevar a lo más alto a este club".
Trátase de "un delantero puro, específico y con el que pasamos a tener muchas posibilidades en ataque", explicou o conselleiro responsable da planificación deportiva, Roberto Feáns, ao que lle gusta "jugar con otro delantero" e tamén o xogo de costas a portería, segundo el mesmo recoñeceu ante os medios de comunicación.
Coa súa chegada, e a presenza do canteirán Lezcano no primeiro plantel, só restaría por chegar un xogador máis para reforzar a liña ofensiva, pero non se trataría dun dianteiro centro ao uso, senón que "buscaremos versatilidad y que suba un poco el nivel", sinalou Feáns.
ADRIÁN LEÓN E ÁLEX GONZÁLEZ, ENTRE ALGODÓNS
Dous futbolistas son dúbida no equipo pontevedrés para a segunda xornada ligueira, na que os granates recibirán ao Rápido de Bouzas en Pasarón (sábado, 20:30 horas), despois de caer da convocatoria para o debut en Vigo por problemas físicos.
O caso que máis preocupa é o de Adrián León, que sufriu unha picada muscular no adestramento do pasado sábado e que está á espera de que unha ecografía revele o alcance exacto da doenza muscular e estableza no caso dunha lesión o seu período de recuperación. Pola súa banda Álex González arrastra molestias desde a pretempada e a súa dispoñibilidade para a fin de semana dependerá da evolución e as sensacións do propio futbolista nos próximos adestramentos.
Relacionadas:
-
O Rápido de Bouzas, primeiro escollo no fortín de Pasarón
Por Diego Espiño |
-
Mala posta en escena do Pontevedra que paga coa derrota os seus erros ante o Celta B (2-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado | Creada e actualizada
-
O Pontevedra ficha ao atacante Iván Martín pero non dá por pechado o plantel
Por Diego Espiño |
-
O primeiro partido de liga en Pasarón, a golpe de sábado
Por Redacción |
-
O Pontevedra pecha a pretemporada cunha discreta vitoria en Marcón (0-2)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |