O Froiz roza o triunfo final na Vuelta a Ávila
Por Redacción
Rozou cos dedos o Grupo Deportivo Supermercados Froiz a vitoria final na Vuelta Ciclista a Ávila.
Volvía á competición o equipo alimenticio, xa na recta final da tempada, e facíao nunha proba de dúas etapas na que tivo opcións ata o final.
Na primeira xornada o Froiz tivo que empregarse a fondo tirando do pelotón en persecución dunha fuga que chegou a ter catro minutos e medio de vantaxe. Foi así ata que a ascensión situada a 10 de meta Martín Lestido atacou xunto a outros nove ciclistas chegando a neutralizar ao escapado a pouco de meta. Lestido finalizou esa etapa sétimo nun sprint que lla levou Aleksander Grigorev do Mutua Levante.
Na segunda xornada pola súa banda os pontevedreses metéronse desde o quilómetros 3 nunha escapada con David González. Por detrá Jesús e Pedro Merino axudaron a Lestido a chegar a cabeza.
O corredor do Froiz chegou a ter 1'40'' de vantaxe sobre o líder, que circulaba no pelotón. Ao final, a fuga non prosperou e todo se decidiu nos últimos 3 quilómetros. A vitoria de etapa foi Gabriel Pons (Escribano), en solitario, chegando a 18 segundos o grupo.
Desta forma Grigorev fíxose coa xeral, con Lestido sexto e o mesmo tempo que o vencedor.
Relacionadas:
-
Ánimos para o Froiz antes do seu gran obxectivo da tempada, a Volta a Galicia
Por Diego Espiño |
-
O Froiz enche de moral para a Volta a Galicia
Por Redacción |
-
O Froiz refórzase no tramo final da tempada
Por Redacción |
-
Vigo, no punto de mira do Supermercados Froiz
Por Redacción |
-
Retorno á competición para o Froiz na Vuelta a Ávila
Por Redacción |
-
Novena praza para Alejandro Regueiro na sexta edición do Circuíto da Curia de ciclismo
Por Redacción |
-
Francisco Javier Iglesias (Super Froiz), campión galego de ciclismo na categoría master-40
Por Redacción |