Actividades, conferencias e unha cea de gala para celebrar os 90 anos da Gimnástica
Por Diego Espiño
O vindeiro sábado 2 de setembro a Sociedad Gimnástica de atletismo cumprirá 90 anos de vida, e por ese motivo preparou un calendario de actividades para "tratar de celebrarlo con cierta relevancia" e con todos os pontevedreses, recoñeceu o presidente do club, Ramón Touza, na presentación do calendario festivo.
O primeiro dos actos previstos tratará de achegar o atletismo á cidadanía coa intención de "dar a coñecer actividades do atletismo non tan mediáticas como son os saltos", sinalou Santi Ferrer. Por iso organizarase unha dobre xornada, os días 25 e 26 de agosto, do 'Saltar na rúa'. O evento está pensado principalmente para nenos nados entre os anos 2001 e 2007 e que poderán iniciarse en disciplinas como o salto con pértega, o triplo salto ou a lonxitude nun lugar privilexiado como é a céntrica Praza da Ferrería.
Repartidos en seis grupos (venres 25 de 11:00 a 13:00 horas e sábado 26 de 11:00 a 13:00 horas) ata 120 nenos e nenas poderán participar das xornadas previa inscrición na web www.sgpontevedra.com. Ademais o sábado ás 19:30 horas o 'Saltar na rúa' pecharase cunha exhibición de atletas entre os que se atoparán os actuais campións galegos ou especialistas como José Alfonso Palomanes (triplo salto).
Tras esta cita o venres 1 de setembro (20:00 horas) inaugurarase no Arquivo Provincial da Deputación unha exposición fotográfica sobre a historia da Gimnástica que permancerá aberta ata o día 29 de setembro de luns a venres entre as 8:30 e as 14:30 horas.
Uns días depués, o venres 8 de setembro, será quenda para a cea oficial do 90 aniversario do club que terá lugar no Pazo da Cultura (22:00 horas) e para a que será necesario retirar entradas antes do 31 de agosto nas tendas Deportes Estadio, Chema Sport ou Calzados Pedestal.
Por último organizáronse unha serie de conferencias os días 7 e 15 de setembro, no Arquivo Provincial ás 20:30 horas, que versarán o primeiro día sobre 'Importancia da alimentación do deportista' e 'Lonxevidade e vida deportiva' e a segunda xornada sobre a 'traxectoria de D.Ramón Cid Pardo, director técnico da Real Federación Española de Atletismo'.
Ademais do presidente do club e do atleta Santiago Ferrer acudiron á presentación dos actos do 90 aniversario a concelleira de Deportes de Pontevedra, Anxos Riveiro, e os deputados provinciais Xosé Leal e Digna Rivas.
Relacionadas:
-
Unha cea á altura de 90 anos de historia
Por Redacción & Diego Torrado |
-
90 anos de Sociedad Gimnástica, en imaxes
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
RADIO.- Sociedad Gimnástica, unha historia que comeza "cos 28 de Pontevedra"
Por Marisa Ciordia |
-
Saltando na rúa para celebrar o aniversario da Gimnástica
Por Redacción |
-
Salta na rúa coa Gimnástica de Pontevedra!
Por Redacción |
-
José Luis Vidal: "na miña vida tiven dúas familias, a miña propia e a da Gimnástica"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Juan Figueiro, atleta veterano da Gimnástica: "eu vou morrer como Errol Flynn, correndo"
Por Diego Espiño |