O piragüismo toma a ría co XL Trofeo Princesa de Asturias
Por Diego Espiño & Diego Torrado
O día 15 de agosto é sinónimo de piragüismo en Pontevedra, polo menos volve selo desde que hai un ano a Federación Galega de Piragüismo decidiu recuperar o tradicional Trofeo Princesa de Asturias.
Este ano, na súa XL edición, a regata contou coa participación de 430 deportistas que encheron de cor a travesía de 20 quilómetros entre a praia de Baltar en Portonovo, onde se deu a saída, e a pontevedresa ponte do Burgo, lugar de chegada. Todo iso pasando polo porteo instalado na praia de Silgar e as ciabogas das Canteiras, en Combarro, e Os Praceres.
Club Piragüismo Vilaboa e Kayak Tudense foron os gañadores das principais probas, o K-4 e o C-4 respectivamente.
A tripulación de Vilaboa no kaiak formada por Antonio Palmas, Javier Conde, Breixo Buján e Brais Sánchez repetiu o triunfo de hai un ano na ría de Pontevedra con autoridade, cun tempo de 1 hora, 11 minutos e 28 segundos. Segundo nesta categoría foi o Kayak Tudense (1:13.18) e terceiro o Club Naval de Pontevedra (1:13.41), mentres na competición feminina o Ría de Aldán levou o triunfo grazas a Jéssica e Noelia Moledo e Carmela e Araceli Menduíña, sendo segundas As Torres e terceiras Breogán do Grove.
En canto á canoa o Kayak Tudense impúxose coa embarcación que formaban Óscar Graña, Manuel Garrido, Rubén Dasilva e Brais Casas (1:21.36), superando tamén con solvencia a Breogán do Grove (1:24.52) e Club As Torres (1:26.42), segundos e terceiros respectvamente.
A regata tamén contou con probas C-2 feminina e categorías cadete e xuvenil de K-2 e C-2, todas elas cun percorrido reducido de 8.000 metros desde a praia das Canteiras en Combarro.
A clasificación xeral de clubs unha vez terminada a competición, quedou encabezada pola Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra con 1302 puntos, a segunda posición foi para o Club Kayak Tudense que sumou 973 puntos, o Club As Torres Romaría Viquinga con 952 puntos ocupou o terceiro posto.
Consulta aquí as clasificacións completas do XL Trofeo Princesa de Asturias de Piragüismo.
Relacionadas:
-
O Trofeo Princesa de Asturias de piragüismo, cita obrigada no verán deportivo da comarca
Por Redacción |
-
A 51 edición do Descenso do Sil, para a EP Ciudad de Pontevedra
Por Redacción |
-
Adrián Sieiro e Sergio Vallejo, sen fortuna no Mundial de piragüismo
Por Diego Espiño |
-
Obxectivo mundial para o piragüismo pontevedrés
Por Redacción |
-
O Trofeo Princesa de Asturias de piragüismo regresa á ría con máis de 400 deportistas
Por Redacción |
-
Piragüismo Vilaboa e Breogán do Grove levan o XXXIX Trofeo Princesa de Asturias
Por Diego Espiño & Diego Torrado |