O Portonovo salva un punto no desconto ao empatar (2-2) fronte ao Choco en Redondela
Por Redacción
Os dous equipos necesitaban gañar para non ceder terreo cos postos de ascenso directo, pero ambos os dous quedaron insatisfeitos coa igualada, lamentando a ocasión perdida, se ben no caso do Portonovo o feito de rescatar un punto no tempo engadido adoza un pouco ese empate.
Cunha primeira parte igualada e sen apenas ocasións de marcar, os goles faríanse esperar ata a última media hora de xogo. Adiantábase o Choco, pero empataba o Portonovo grazas a un penalti transformado por Nacho nunha xogada que deixaría aos redondelanos en inferioridade numérica ao ser expulsado Arias.
Non obstante, malia que os de Ricardo Fernández se foron a pola vitoria, un contraataque permite a Ero adiantar novamente o conxunto local, que mesmo puido sentenciar nun remate de Chus que repeleu o longueiro. Menos mal que no tempo engadido o xuvenil Agus rescataba un punto que permite ao Portonovo manter o ronsel dos postos de ascenso.
C.D. CHOCO (2): Cortegoso, Arias, Saúl, Cristian, Pasu, Caloi (David, min. 90), Michel, Manu Lojo, Albert (Julián, min. 70), Tarán (Ero, min. 63) e Chus (Julio, min. 86).
PORTONOVO, S.D. (2): Marcos, Melchor, Bolo, Renda, César, Suso Bea, Víctor, Gándara (Agus, min. 66), Manu Sieiro, Nacho e Angelillo (Iván Dadín, min. 77).
Árbitro: García Vázquez (Ourense). Expulsóu por dobre amarela a Arias (minuto 77). Amoestóu a Chus, Ero, Melchor, Suso Bea e Manu Sieiro.
Goles: (1-0) Minuto 60: Chus. (1-1) Minuto 73: Nacho, de penalti. (2-1) Minuto 79: Ero. (2-2) Minuto 92: Agus.
lncidencias: Campo de Santa Mariña (Redondela). Unos 250 espectadores.